PREMIO AUDIOVISUAL MiCe ESTATAL 2019

A Asociación Cultural Jordi o Mussol, dentro da celebración do festival MiCe 2019 (7ª Muestra Internacional Cinema Educativo), convoca o Premio Audiovisual MiCe Estatal 2019 de acordo coas seguintes

BASES:

Descargue as bases 

  1. Poderán participar todas as producións audiovisuais realizadas durante o últimos tres últimos cursos escolares (2016/2017, 2017/2018 e 2018/2019) no ámbito educativo de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Ciclos Formativos e Centros de Educación Especial do Estado español e nos centros de acción educativa no exterior e que utilicen como lingua vehicular calquera das linguas faladas dentro do Estado xa sexan cooficiais ou non en calquera das autonomías ou Cidades Autónomas, sempre que non fosen presentadas en edicións anteriores da MiCe.

 

  1. As Producións presentásense sempre en Versión Orixinal (V.O.).

 

  1. As producións poden ser de calquera xénero: ficción, documental, vídeo-creación, animación…

 

  1. Os alumnos e alumnas terán que participar en todos os procesos da produción, ben entendido que, ao tratarse de producións de ámbito educativo, a mediación e a dirección de mestras, mestres, profesoras e profesores ten que estar presente inevitablemente.

 

  1. Establécense 3 categorías:
    • Producións realizadas por alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria
    • Producións realizadas por alumnos e alumnas de Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos
    • Producións realizadas por alumnos e alumnas de Centros de Educación Especial

 

  1. A duración máxima das producións audiovisuais presentadas será de 15 minutos.
  2. A formalización da inscrición realizarase ata o 15 de decembro de 2018 e constará obrigatoriamente de: (unha soa inscrición por produción)
    • Inscrición electrónica, hai que encher o boletín de inscrición telemáticamente.

Pódela atopar na seguinte ligazón: BOLETÍN DE INSCRICIÓN

e na web do festival www.micevalencia.com

  • Un fotograma representativo da curtametraxe
  • A Produción

 

  1. Dado que a produción sitúase dentro do ámbito educativo dos centros docentes a persoa autorizante da súa presentación será mestra, mestre, profesora, profesor, titor, titora ou membro do equipo directivo do centro dos alumnos e alumnas que realizan e/ou actúan na produción. Por tanto serán estes os responsables de obter e custodiar todas as autorizacións legais pertinentes por parte de quen ostente a patria potestade dos menores de idade participantes, así como dos datos persoais fornecidos nas inscricións e títulos de crédito das producións.

 

  1. Tanto o fotograma como a Produción presentaranse online mediante calquera plataforma de descarga de arquivos ( Wetransfer, Dropbox, Drive…) enviando e compartindo a ligazón de descarga dentro do apartado correspondente do boletín de inscrición ou enviándoos ao correo electrónico secretaria@festivalmice.com, indicando o título e o centro educativo, sempre antes do fin do termo de inscrición.

 

  1. A Organización comunicará a todos os contactos remitidos nas inscricións presentadas a selección ou non das súas producións.

 

  1. A Asociación Cultural Jordi o Mussol elixirá un xurado formado por profesionais do audiovisual e da educación, outorgando un PRIMEIRO PREMIO MiCe ESTATAL 2019 por cada categoría. As Actas do xurado poderanse consultar na web do festival MiCe (micevalencia.com).

 

  1. Tamén se outorgará un PREMIO DO PÚBLICO para cada categoría.

 

  1. Este premio outorgarase mediante o reconto de visualizacións consolidadas ata o 8 de febreiro de 2019 na plataforma de visualización elixida para optar ao PREMIO DO PÚBLICO.

Lembrar que o uso de imaxes, melodías ou cancións suxeitas a dereitos de autor pode levar ao bloqueo da plataforma de visualización da produción, chegando a impedir a súa reprodución.

 

  1. No reconto das visualizacións consolidadas estarase ás condicións xerais que rexan para a validación e consolidación destas na plataforma de visualización.

 

  1. Poderanse visualizar a partir do día 7 de xaneiro de 2018 na canle de Youtube MICE ESTATAL 2019.

 

  1. Tamén se poderá acceder mediante as seguintes ligazóns:

Acceder pola web do Festival MiCe

 

  1. Atoparedes o procedemento de visualización e reconto na web do festival MiCe (micevalencia.com) en el apartado:

MiCe 2019/PREMIOS AUDIOVISUAIS MiCe Estatal

 

  1. Os galardóns serán entregados no transcurso da Gala de Clausura da MiCe 2019. O lugar concreto e a hora da entrega poderédelos atopar na web da MiCe (micevalencia.com).

 

  1. A participación no PREMIO AUDIOVISUAL MiCe Estatal 2019 presupón a total aceptación destas bases, e de forma expresa a AUTORIZACIÓN DE PUBLICACIÓN da produción presentada dentro da plataforma elixida para optar ao PREMIO DO PÚBLICO mediante o reconto de visualizacións, así como tamén a AUTORIZACIÓN DE PROXECCIÓN nos pases escolares e en calquera outro acto público ou privado programado dentro do festival MiCe 2019.

 

  1. A interpretación destas bases será competencia exclusiva da ASOCIACIÓN CULTURAL JORDI O MUSSOL como organizadora da MiCe 2019 (7ª Muestra Internacional Cinema Educativo).

Descargue as bases 

SUBIR